Estas diapositivas foron feitas coa axuda do reveal.js de hakimel.
Para visualizalas fóra de GitHub inclúese un servidor web python capaz de facer o básico necesario para reproducilas.
En lugar de incluir unha versión de reveal.js aquí o que se fixo foi, mediante git, vinculalo como submódulo, de xeito que cando se clone este repositorio, deberá de facerse para obter tamén o necesario de reveal.js:
git submodule update --init --recursive
Isto fará clone do reveal.js en onde deba de facelo e deixará todo listo para poder visualizar as diapositivas.
Máis aló de escribir o HTML das diapositivas e subilo ao repo, colaboraron tanto na elaboración de contidos como na eliminación de erros:
- Marcos Chavarría Teijeiro
- Pablo Castro Valiño
- Brais Arias Río
- Emilio J. Padrón
As diapositivas estas baséanse nas de introducción a Python, que fixemos Marcos Chavarría e mais eu (Santiago Saavedra) uns meses antes, tamén dispoñibles en GitHub.